Un dos lugares con máis encanto que coñecín son as «Fragas do Eume». Estou namorada…
Dá igual as veces que o visite, cada vez paréceme máis especial, pasar do asfalto ao bosque, respirar vida nun micromundo húmido, cunha temperatura case constante, ver como unha choiva de raios de luz ábrese paso entre as árbores… é máxico…
Dedicarei máis entradas a esta marabillosa paraxe.
Alí atópase o mosteiro de Caaveiro, construído no século X para acoller a esas persoas entregadas á contemplación, que buscaban lugares retirados e solitarios onde poder exercer a meditación.
«A soidade é a sorte de todos os espíritos excelentes» Shopenhauer
Hai moitas curiosidades sobre este lugar que irei contando, hoxe dedícolle a miña serie aos faladoiros do mosteiro, son lugares construídos para estar, alí sentaban a ler ou falar, lugares á beira dunha xanela que era a súa fonte de luz, e é que eses recunchos son de verdade fascinantes, imaxínasche de súpeto alí, lendo con esa paz? encántanme, cheos de misterio á súa vez…
Fotos verán 2016, Fragas do Eume, interior de Caaveiro