Ó aperitivo na vila de Arzúa chámano «Petisco» e alí fun comprobar se o seu sabor era tamén diferente e con selo propio. Gardo unha bonita experiencia coas imaxes que capturei de como sentín eu o corazón desta vila, un rato moi agradable polo rinconciño da tradición desta parroquia de Galicia, sentindo terra Xacobea, comendo petiscos de queixo arzuano, tocando as raíces da tradición galega.
Moi cerca sitúase a parroquia de Castañeda, nada menos que o lugar onde se atopaban os fornos de cal para a construcción da catedral compostelana. Estos sentires de atoparse rodeado de patrimonio relixioso e apartarte do mundán foron sen dúbida impagables…
Souben que preto desta terra hai unha Fervenza chamada de Santa Marta que convídate a soñar pola paz que desperta o seu son, conta unha lenda que unha rapaza embarazada foi empuxada polo seu mozo dende o alto da fervenza moi cerca dun muíño, durante a caída a xoven encomendouse a Santa Marta e milagrosamente foi salvada por un carballo milenario que detivo a súa caída, non é a única lenda que se conta por estes paraxes.
Continuará…
Fotos marzo 2017, Arzúa